Derbi

Derbi

Marca de motocicletas e ciclomotores fabricados por Nacional Motor SA en Martorelles. Fundada en 1922 por Simeón Rabasa i Singa a partir dunha fábrica de bicicletas, comezou a construír motocicletas en 1939. Especializado en ciclomotores, converteuse nun dos fabricantes máis destacados de Europa con modelos, como a Derbi 250 (1950), a Derbi 350 (1957), a Derbi 74 Gran Sport e a Derbi 49 Junior (1964), a Derbi Variant (1977), a GPR 75 (1989) e os scooter Hunter e Paddock (1997). En 1987 estableceu unha alianza con Kawasaki para comercializar os produtos da firma xaponesa en España. Co tempo diversificou a súa produción para dedicarse ao deseño de vehículos máis potentes. Un dos seus pilotos míticos, Ángel Nieto, gañou o campionato do mundo en trece ocasións. A estes triunfos súmanse os títulos conseguidos por Jorge Martínez Aspar e Manuel Champi Herreros.

Palabras veciñas

Derbent | derbersiáceo -a | Derbesia | Derbi | Derby | derby* | Derby, conde de