Derby

Derby

Cidade do condado de Derbyshire, Inglaterra, Reino Unido, ao N de Birmingham, e drenado polo río Derwent (235.200 h [1997]). É un importante núcleo industrial, sede da factoría de automóbiles Rolls Royce. Tamén destaca a elaboración de porcelana, que goza dunha gran reputación desde mediados do s XVIII. No seu patrimonio monumental destaca a catedral (1725), cunha torre de estilo gótico perpendicular (1510-1513).