dermatomiosite
dermatomiosite
(< dermato- + miosite)
s
f
[PAT]
Colaxenose que afecta preferentemente á pel e aos músculos. Débese a unha alteración dos mecanismos inmunolóxicos. O eritema cutáneo característico preséntase en forma de coloración vermella purpúrea nas pálpebras e na zona periorbitaria. A afección muscular consiste no debilitamento e, ás veces, dor, principalmente nos músculos próximos ás extremidades e ao pescozo. Cando só resultan afectados os músculos e non a pel fálase de polimiosite.