derrick*
derrick*
-
s
m
[TECNOL]
Especie de guindastre empregado en diversos traballos para a descarga de pedras ou para a elevación de cargas por medio dunha culler ou dun gancho colocado nun cable. Está composto por unha torre vertical sostida por arcos tensados ou por tirantes ao pé da que hai articulada unha pluma de inclinación e orientación variables, sostida por un cable que pasa pola parte superior da torre. O derrick pode ser fixo, ir sobre un vehículo de rodas ou cadeas ou sobre un dique flotante. Tamén se pode utilizar como dragalina.
-
s
m
[TECNOL]
Torre de perforación dunha explotación petrolífera.