Derrida, Jacques

Derrida, Jacques

Filósofo. Logo de estudar na École Normale Supérieure de París, entre 1960 e 1964 foi profesor de filosofía na Sorbonne e desde 1965 na École Normale Supérieure; así mesmo foi profesor visitante en diversas universidades dos EE UU. Fundou e codirixiu o Collège International de Philosophie en París e dirixiu a École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Vinculado ao estruturalismo, o seu pensamento estivo tamén influenciado pola fenomenoloxía. É o iniciador da corrente teórica da deconstrución, un modelo de análise crítica que cuestiona as presuposicións, os valores e as xerarquías da tradición metafísica occidental, que tivo unha grande influencia nos EE UU como vía de interpretación para os textos literarios. Publicou La voix et le phénomène (A voz e o fenómeno, 1967), De la grammatologie (Sobre a gramatoloxía, 1967), L’écriture et la différence (A escritura e a diferencia, 1967), Positions (Posicións, 1972), Marges de la philosophie (Marxes da filosofía, 1972), Les styles de Nietzsche (Os estilos de Nietzsche, 1978), D’un ton apocalyptique adopté naguère en philophie (Sobre un ton apocalíptico adoptado hai pouco na filosofía, 1982), Otobiographies (1984) Ulysse gramophone (O gramófono de Ulises, 1987), Spectres de Marx (Os espectros de Marx, 1993) e Cosmopolites de tous les pays, encore un effort! (Cosmopolitas de todos os países un esforzo máis!, 1997).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Biar, Alxeria