desafogo

desafogo

(< desafogar)

  1. s m

    Acción e efecto de desafogar ou desafogarse.

    Ex: Sentiu un considerable desafogo cando acabou os exames. Foi un desafogo contar contigo para organizar o evento. Aquel desafogo verbal deixou patente todas as súas angustias.

  2. s m

    Cousa que serve para desafogar ou desafogarse.

    Ex: A invención da lavadora foi un gran desafogo para os que traballan na casa.

  3. s m

    Calidade ou condición de desafogado.

    Ex: Nese cuarto cábenche con desafogo dúas camas e un roupeiro. Vive con desafogo e pode permitirse todos os luxos que queira.

Palabras veciñas

desafiuzar | desafogado -da | desafogar | desafogo | desaforado -da | desaforamento | desaforar