desafogar

desafogar

(

  1. v t

    Facer a alguén máis leve ou soportable algo, especialmente un traballo, desasosego ou dor.

    Ex: Todos contribuíron a desafogalo do traballo atrasado. Desafogounos das débedas cando atravesabamos dificultades económicas.

    Sinónimos: aliviar, desabafar, desatafegar.
  2. v t

    Expresar bruscamente aquilo que oprime ou sufoca o ánimo ou o espírito dunha persoa.

    Ex: Non aturou máis aquela opresión e desafogou as súas penas con seu pai. Desafoguei a miña carraxe cunha puñada na mesa.

  3. v pron

    Aliviarse unha persoa daquilo que oprime ou sufoca o seu ánimo ou espírito.

    Ex: Desafogouse contándolle todo ó inspector. Desafogouse, pero súa nai non puido falar con el aínda.

Conxugar
VERBO desafogar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogo
desafogas
desafoga
desafogamos
desafogades
desafogan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogaba
desafogabas
desafogaba
desafogabamos
desafogabades
desafogaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafoguei
desafogaches
desafogou
desafogamos
desafogastes
desafogaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogara
desafogaras
desafogara
desafogaramos
desafogarades
desafogaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogarei
desafogarás
desafogará
desafogaremos
desafogaredes
desafogarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogaría
desafogarías
desafogaría
desafogariamos
desafogariades
desafogarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogue
desafogues
desafogue
desafoguemos
desafoguedes
desafoguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogase
desafogases
desafogase
desafogasemos
desafogasedes
desafogasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogar
desafogares
desafogar
desafogarmos
desafogardes
desafogaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
desafoga
-
-
desafogade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desafogar
desafogares
desafogar
desafogarmos
desafogardes
desafogaren
Xerundio desafogando
Participio desafogado
desafogada
desafogados
desafogadas