Desai, Shri Morarji Ranchhodji

Desai, Shri Morarji Ranchhodji

Político indio. Estudiou na Universidade de Bombai e en 1918 entrou na administración civil desta cidade. Despois de abandonar o seu emprego, uniuse ao movemento de loita civil pola independencia de Mohandas Gandhi (1930), polo que estivo en prisión en diversas ocasións na década seguinte. Foi ministro de Comercio e Industria do goberno hindú (1956-1963) e viceprimeiro ministro dende 1967, cargo que abandonou en 1969 para encabezar a oposición ao Partido do Congreso. Novamente encarcerado polas súas actividades políticas durante o goberno de emerxencia (1975-1977), logo da súa liberación formou o Partido Janata, de ideoloxía conservadora. Nas eleccións de 1977 acadou a vitoria e converteuse no primeiro líder que accedeu á presidencia do gabinete sen pertencer ao Partido do Congreso. O 15 de xullo de 1979 dimitiu, a consecuencia das tensións entre os miembros do Partido Janata e dun inminente voto de censura, e abandonou a política.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bhadeli, Gujarat

  • Deceso

    Lugar : Bombai