desaloxar

desaloxar

(< des- + aloxar)

  1. v t

    Deixar baleiro un lugar ao marcharse del.

    Ex: Os espectadores desaloxaron o cine cando rematou a película. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Desaloxade antes de que se derrube o edificio!

    Sinónimos: desocupar.
  2. v t

    Facer saír algo ou a alguén do lugar que ocupa.

    Ex: A policía desaloxou os inmigrantes da igrexa na que facían unha folga de fame. Ó caer o balón dentro do caldeiro desaloxou parte da auga.

    Sinónimos: desocupar, evacuar.

Palabras veciñas

desalistar | desalmado -da | desaloxamento | desaloxar | desaloxo | desalporizar | desalugamento