desaloxar
desaloxar
(< des- + aloxar)
-
v t
Deixar baleiro un lugar ao marcharse del.
Ex: Os espectadores desaloxaron o cine cando rematou a película. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Desaloxade antes de que se derrube o edificio!
Sinónimos: desocupar. -
v t
Facer saír algo ou a alguén do lugar que ocupa.
Ex: A policía desaloxou os inmigrantes da igrexa na que facían unha folga de fame. Ó caer o balón dentro do caldeiro desaloxou parte da auga.
Sinónimos: desocupar, evacuar.