desaminación
desaminación
(< des- + aminación)
-
s
f
[QUÍM]
Eliminación do grupo amino -NH 2 dun composto orgánico. É unha reacción importante no metabolismo dos aminoácidos, que ten lugar principalmente nos riles e no fígado.
-
desaminación oxidativa
[BIOQ]
Reacción enzimática na que un grupo amino -NH 2 se substitúe por un átomo de osíxeno.