desaminación

desaminación

(< des- + aminación)

  1. s f [QUÍM]

    Eliminación do grupo amino -NH 2 dun composto orgánico. É unha reacción importante no metabolismo dos aminoácidos, que ten lugar principalmente nos riles e no fígado.

  2. desaminación oxidativa [BIOQ]

    Reacción enzimática na que un grupo amino -NH 2 se substitúe por un átomo de osíxeno.

Palabras veciñas

desamidación | desamigado -da | desamigar | desaminación | desamontoar | desamor | desamorear