Desargues, Gérard

Desargues, Gérard

Matemático, enxeñeiro e arquitecto francés. En 1636 frecuentou o grupo parisiense de intelectuais ao redor de Marin Mersenne e escribiu un manual de composicións musicais. Iniciador da xeometría proxectiva, definiu o punto de inserción de rectas paralelas como o punto no infinito. Subliñou a importancia da perspectiva en xeometría e formulou o teorema sobre triángulos homolóxicos que leva o seu nome. Entre os seus discípulos figura Blaise Pascal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lyon

  • Deceso