desastre
(< occ desastre)
-
-
s
m
Suceso no que se produce unha desgraza grave ou un acontecemento funesto.
Ex: O desastre causado polo terremoto foi enorme.
Sinónimos: calamidade, desfeita, desgracia. Confrontacións: catástrofe, hecatombe. -
desastre natural
Fenómeno atmosférico ou xeolóxico -chuvias torrenciais, enchentes, secas, incendios, terremotos, erupcións volcánicas, etc- que provoca un cambio rápido e profundo na paisaxe e no medio, e que ten repercusións económicas ou sociais para o home. Moitas veces a virulencia destes acontecementos sobre a poboación vén incrementada pola inestabilidade dos solos e ribeiras degradados pola actividade humana ou pola falta de prevención na ordenación do territorio e na construción de vivendas. A Organización das Nacións Unidas ten unha Oficina para o Socorro en Casos de Desastre (ONUSCD), fundada en 1972, co fin de mobilizar axudas e fomentar o estudo e a prevención destes fenómenos.
-
s
m
-
s
m
Cousa que resultou un fracaso polo seu mal funcionamento ou pola súa desorganización.
Ex: As vacacións deste ano foron un completo desastre. A conferencia foi un desastre, non había ninguén.
Sinónimos: desfeita. -
s
m
Persoa que fai mal as cousas ou cousa que está chea de imperfeccións.
Ex: É un desastre para os estudios, pero a música dáselle moi ben.
Sinónimos: calamidade.