descalzo -za
descalzo -za
(< descalzar)
-
p irreg
de descalzar ou descalzarse.
-
adx
Que vai sen o calzado. Na tradición oral recóllense ditos como: “Anque me ves que descalzo veño, tres pares de zocos na casa teño”.
-
adx
[RELIX]
Aplícase aos relixiosos que por espírito ascético e de pobreza calzan sandalias. Algúns inclúen esta designación na súa denominación oficial, por exemplo os ermitáns descalzos de santo Agostiño e os carmelitas descalzos. Nas ordes xurdidas da reforma das ordes mendicantes, esta designación estivo a miúdo contraposta popularmente á de calzados, que se aplicaba aos que permanecían na antiga observancia.
Frases feitas
-
Estar descalzo de pé e perna. Ser moi pobre
-
.
-
Non estar descalzo. Non ser pobre.