descompresión

descompresión

(

  1. s f

    Acción e efecto de descomprimir.

  2. s f [FISIOL]

    Diminución ou cesamento do efecto da presión que exerce un líquido ou gas sobre un organismo. No caso de persoas que se someten durante algún tempo a moita presión, como os mergulladores, faise lentamente; é unha acción previa no caso dunha diminución brusca de presión, como a ascensión rápida dun aviador, para evitar os trastornos patolóxicos que se motivan polo paso dos gases ao sangue.

  3. cámara de descompresión [MED]

    Cámara que se emprega para o tratamento dos accidentes derivados da descompresión. Tamén se denomina cámara hiperbárica terapéutica.

  4. síndrome de descomprensión

    Síntomas que presenta un individuo que pasa dun medio de hiperpresión a outro de menor presión.

Palabras veciñas

descompostura | descompracente | descompracer | descompresión | descompresor | descomprimir | descomunal