descompresor
descompresor
(
-
s
m
[TECNOL]
Aparato que se utiliza para reducir ou eliminar a presión dun recipiente ou dun lugar pechado. Ademais, pode utilizarse para alcanzar un nivel de presión determinado. O seu mecanismo baséase na apertura regulable dunha válvula de presión que se acciona manual ou automaticamente. Tamén se usa como elemento de seguridade.
-
s
m
[TECNOL]
Pequena válvula que comunica a cámara de combustión coa atmosfera e que se acciona manualmente con independencia da válvula de admisión e a de escape. Serve para poñer en marcha ou parar os motores, ou para regular a súa potencia.