descuberto -ta
(< lat discoopertu, p p dediscooperīre)
-
desacubillar.
-
p irreg
de descubrir ou descubrirse. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai nada encuberto que non sexa descuberto.”
-
adx
Que está sen cubrir.
Ex: Ten unha casa cun patín descuberto.
-
adx
-
Que non está debidamente arroupado.
Ex: Gústalle durmir cos pés descubertos.
-
Que non cobre a cabeza con chapeu ou con outra peza similar.
Ex: Aínda que chova sempre vai coa cabeza descuberta. OBS: Cando nunha construción non se especifica a parte descuberta, xa se sobreentende que se refire á cabeza. Ex: Na igrexa tes que entrar descuberto.
-
-
adx
Que non ten protección.
Ex: Atacaron o exército polo flanco descuberto.
-
s
m
[ECON]
Situación que resulta da existencia de saldos debedores na conta corrente bancaria. O sistema financeiro español non acepta o descuberto como un sistema de crédito e considérao sempre como unha situación provisional. OBS: Emprégase a expresión en decuberto para indicar que algo carece de fondos para satisfacer unha débeda ou cargo.
Ex: Pagóuselle o cheque en decuberto.
Frases feitas
-
2 De maneira clara. Ex: Con todas as probas ao descuberto era evidente a súa culpabilidade.
-
A/Ó descuberto 1 Estar á intemperie. Ex: A voda celebrouse ao descuberto.