descuberto -ta

descuberto -ta

(< lat discoopertu, p p de discooperīre)

  1. de descubrir ou descubrirse. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai nada encuberto que non sexa descuberto.”

  2. adx

    Que está sen cubrir.

    Ex: Ten unha casa cun patín descuberto. 

  3. adx
    1. Que non está debidamente arroupado.

      Ex: Gústalle durmir cos pés descubertos. 

    2. Que non cobre a cabeza con chapeu ou con outra peza similar.

      Ex: Aínda que chova sempre vai coa cabeza descuberta. OBS: Cando nunha construción non se especifica a parte descuberta, xa se sobreentende que se refire á cabeza. Ex: Na igrexa tes que entrar descuberto. 

  4. adx

    Que non ten protección.

    Ex: Atacaron o exército polo flanco descuberto. 

  5. [ECON]

    Situación que resulta da existencia de saldos debedores na conta corrente bancaria. O sistema financeiro español non acepta o descuberto como un sistema de crédito e considérao sempre como unha situación provisional. OBS: Emprégase a expresión en decuberto para indicar que algo carece de fondos para satisfacer unha débeda ou cargo.

    Ex: Pagóuselle o cheque en decuberto.

Frases feitas

  • 2 De maneira clara. Ex: Con todas as probas ao descuberto era evidente a súa culpabilidade.

  • A/Ó descuberto 1 Estar á intemperie. Ex: A voda celebrouse ao descuberto.

Palabras veciñas

descualificar | descuberta | descuberto -ta | descuberto -ta | descubridor -ra | descubrimento | descubrir