descubrir
(
-
v t
Quitar aquilo que cobre ou oculta algo ou a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Descubrir un altar para cubrir outro é cousa de loucos.”
Ex: Descubriu a cama para que aireara. As fortes ondas descubriron o cadáver que estaba enterrado na area.
Sinónimos: destapar. Antónimos: cubrir. -
v t
-
Atopar unha cousa que non se coñecía ou que estaba oculta.
Ex: Esta foi unha das primeras illas que descubriron os portugueses. Algún día descubrirán a vacina da sida.
-
Decatarse de algo que pasara desapercibido ou se ignoraba. Na tradición oral recóllense ditos como: “Escaravellou o galo e descubriu o coitelo que ha de matalo.”
Ex: Cando limpaba o chan descubriu un billete debaixo do sofá. Un día descubriu que non a quería.
-
Atopar unha nova explicación científica ou lei para explicar os fenómenos da natureza.
Ex: A. Fleming descubriu a penicilina en 1929.
-
Aprender algo que non se sabía.
Ex: O neno descubriu cómo se usaba o garfo.
-
-
v t
-
Mostrar ou dar a coñecer algo que se pretendía manter oculto ou que se descoñecía. Na tradición oral recóllense ditos como: “O fume descobre onde está o lume. O tempo todo o cobre, todo o encobre e todo o descobre.”
Ex: Sempre descobre todos os segredos que lle confío. Xa descubrín o que traías no paquete.
Sinónimos: revelar. -
Coñecer a identidade, o paradoiro, as accións ou intencións de alguén que pretendía ocultalos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amor, tos e fogo descóbrense logo.”
Ex: A policía descubriu onte o asasino. Descubrímolo cando falou da súa familia. Aquelas accións desmedidas descubriron as súas intencións. O seu cómplice descubriuno no xuízo.
-
-
v t
Conseguir ver algo ao lonxe con dificultade.
Ex: Ó chegar ao cume do monte descubriu a cidade.
Sinónimos: dexergar, enxergar. -
v pron
Sacar unha persoa unha peza de roupa que cobre o seu corpo.
Ex: Se ves que vai moita calor descóbrete máis.
-
v pron
Quitar alguén da cabeza o chapeu ou outra peza similar en sinal de respecto ou para saudar.
Ex: O paxe descubriuse perante o xuíz.
-
v pron
Mostrarse ou darse a coñecer algo que estaba oculto ou que pasara inadvertido.
Ex: Xa en idade avanzada descubriuse como un poeta excelente.
-
v pron
[DEP]
Deixar un participante nun combate sen protección unha parte do seu corpo.
Ex: Descubriuse e o seu contrincante meteulle un gancho que o deixou KO.
-
s
f
Razón ou motivo co que alguén pretende defender ou xustificar algo ou a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai ausente sen culpa nen presente sen desculpa. Non fai pouco o que a súa desculpa bota a outro.”
Ex: Deume unha boa desculpa por non ter chamado onte.
Sinónimos: escusa. -
s
f
Sinónimos:
escusa.
-
Atopar unha cousa que non se coñecía ou que estaba oculta.
Ex: Esta foi unha das primeras illas que descubriron os portugueses. Algún día descubrirán a vacina da sida.
-
Decatarse de algo que pasara desapercibido ou se ignoraba. Na tradición oral recóllense ditos como: “Escaravellou o galo e descubriu o coitelo que ha de matalo.”
Ex: Cando limpaba o chan descubriu un billete debaixo do sofá. Un día descubriu que non a quería.
-
Atopar unha nova explicación científica ou lei para explicar os fenómenos da natureza.
Ex: A. Fleming descubriu a penicilina en 1929.
-
Aprender algo que non se sabía.
Ex: O neno descubriu cómo se usaba o garfo.
-
Frases feitas
-
Descubrir a orella. Deixar ao descuberto os defectos propios.
-
Descubrir o peito. Dicir ou contar todo o que se sabe.
-
Hai que descubrirse. Expresión que se emprega para expresar a admiración que se sente por algo ou alguén. Ex: Realmente, hai que descubrirse ante a súa oratoria.
Palabras veciñas
descuberto -ta | descubridor -ra | descubrimento | descubrir | descubrir | desculpa | desculpableIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubro
descobres
descobre
descubrimos
descubrides
descobren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubría
descubrías
descubría
descubriamos
descubriades
descubrían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrín
descubriches
descubriu
descubrimos
descubristes
descubriron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrira
descubriras
descubrira
descubriramos
descubrirades
descubriran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrirei
descubrirás
descubrirá
descubriremos
descubriredes
descubrirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubriría
descubrirías
descubriría
descubririamos
descubririades
descubrirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubra
descubras
descubra
descubramos
descubrades
descubran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrise
descubrises
descubrise
descubrisemos
descubrisedes
descubrisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
descubre
-
-
descubride
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren
descuberta
descubertos
descubertas