desculpa
desculpa
(< desculpar)
-
Razón ou motivo co que alguén pretende defender ou xustificar algo ou a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai ausente sen culpa nen presente sen desculpa. Non fai pouco o que a súa desculpa bota a outro.”
Ex: Deume unha boa desculpa por non ter chamado onte.
Sinónimos: escusa. -
Explicación que se dá a alguén coa intención de pedir perdón ou manifestar pesar por algunha ofensa ou molestia.
Ex: Rogoume que aceptase as súas desculpas.
Sinónimos: escusa.