desculpa

desculpa

(< desculpar)

  1. Razón ou motivo co que alguén pretende defender ou xustificar algo ou a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai ausente sen culpa nen presente sen desculpa. Non fai pouco o que a súa desculpa bota a outro.”

    Ex: Deume unha boa desculpa por non ter chamado onte. 

    Sinónimos: escusa.
  2. Explicación que se dá a alguén coa intención de pedir perdón ou manifestar pesar por algunha ofensa ou molestia.

    Ex: Rogoume que aceptase as súas desculpas. 

    Sinónimos: escusa.

Palabras veciñas

descubrimento | descubrir | descubrir | desculpa | desculpable | desculpar | desdanza