descubrimento
(
-
s
m
Acción e efecto de descubrir.
Ex: Os descubrimentos dos portugueses sucedéronse no século XV. O descubrimento de novos restos arqueolóxicos neses terreos paralizou as obras. O descubrimento de América foi no 1492. Ó longo do século XXI produciranse grandes descubrimentos científicos.
Sinónimos: descuberta. -
s
f
Cousa que se descobre.
Ex: A imprenta foi un descubrimento fundamental para a nosa cultura. Moitos descubrimentos melloraron a calidade de vida das persoas.
Sinónimos: descuberta. -
s
m
[FILOS]
Feito que se establece a partir dunha determinada relación entre obxecto e suxeito segundo un contexto determinado. Neste sentido pódense establecer catro tipos de descubrimentos: neutros, particulares (positivos e negativos) e nulos. Segundo unha clasificación tradicional dos descubrimentos baseada no obxecto e na materia, pódese distinguir entre descubrimentos científicos e descubrimentos xeográficos.
Sinónimos: descuberta. -
s
m
[XEOG/HIST]
Territorio ou terra que se descubriu ou se atopou por primeira vez, xeralmente como resultado dunha expedición de busca. Na área cultural de Occidente enténdese por descubrimentos ou descubertas xeográficas as realizadas por pobos desta rexión ao longo da súa historia. Na Idade Antiga, o mundo coñecido reducíase aos vales dos grandes ríos do Crecente Fértil e Exipto, pero coa expansión comercial ampliáronse os coñecementos xeográficos. En tempos de Estrabón (s I a C-s I d C), e a consecuencia das campañas de Ciro e de Alexandre o Grande e das vellas rutas do ámbar e do estaño, acadouse un notable coñecemento de Eurasia, nunha franxa dende o Océano Índico ata o Mar Báltico. O Imperio Romano herdou os coñecementos xeográficos gregos e mantivo as relacións Oriente-Occidente, que adquiriron un carácter máis esporádico e local, e remataron por limitar os seus intercambios á área do Mediterráneo. Na Idade Media, os árabes serviron de ponte comercial orientada aos produtos de luxo (especias, seda ou pedras preciosas), e cultural, entre asiáticos e europeos. Esta foi a época dos viaxeiros solitarios, entre os que destacaron Marco Polo (s XIII) e Ibn Baṭṭūṭa (s XIV). Durante o Renacemento, a expansión dos turcos cortou as rutas tradicionais das caravanas entre Europa e Oriente, feito que favoreceu a navegación marítima, axudada polas melloras técnicas. A realización do periplo de África por parte dos portugueses e o achado do continente americano pola Coroa de Castela invertiron as bases socioeconómicas e políticas de Occidente. Desatouse unha gran competencia internacional cunha febre de viaxes e conquistas ao longo dos ss XVI e XVII. A comezos do s XVIII, a busca da Terra Australis e dos pasos do Norte foron os principais obxectivos de mariños e aventureiros, ao mesmo tempo que os rusos comezaron a sistemática colonización das terras de Siberia. A finais do s XVIII iniciouse a tendencia á exploración científica con viaxes como as de Cook ou Humboldt. No s XIX emprendeuse a exploración e o descubrimento de grandes extensións do interior dos continentes (Asia, África e Australia) e as rexións polares; naquel momento produciuse tamén a colonización do Far West norteamericano. A busca de novas fontes de materias primas e a necesidade de ampliación das influencias políticas foron o motor da última etapa de descubrimentos.