descubrir

descubrir

(< lat discooperīre)

  1. Quitar aquilo que cobre ou oculta algo ou a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Descubrir un altar para cubrir outro é cousa de loucos.”

    Ex: Descubriu a cama para que aireara. As fortes ondas descubriron o cadáver que estaba enterrado na area. 

    Sinónimos: destapar. Antónimos: cubrir.
    1. Atopar unha cousa que non se coñecía ou que estaba oculta.

      Ex: Esta foi unha das primeras illas que descubriron os portugueses. Algún día descubrirán a vacina da sida. 

    2. Decatarse de algo que pasara desapercibido ou se ignoraba. Na tradición oral recóllense ditos como: “Escaravellou o galo e descubriu o coitelo que ha de matalo.”

      Ex: Cando limpaba o chan descubriu un billete debaixo do sofá. Un día descubriu que non a quería. 

    3. Atopar unha nova explicación científica ou lei para explicar os fenómenos da natureza.

      Ex: A. Fleming descubriu a penicilina en 1929. 

    4. Aprender algo que non se sabía.

      Ex: O neno descubriu cómo se usaba o garfo. 

    1. Mostrar ou dar a coñecer algo que se pretendía manter oculto ou que se descoñecía. Na tradición oral recóllense ditos como: “O fume descobre onde está o lume. O tempo todo o cobre, todo o encobre e todo o descobre.”

      Ex: Sempre descobre todos os segredos que lle confío. Xa descubrín o que traías no paquete. 

      Sinónimos: revelar.
    2. Coñecer a identidade, o paradoiro, as accións ou intencións de alguén que pretendía ocultalos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amor, tos e fogo descóbrense logo.”

      Ex: A policía descubriu onte o asasino. Descubrímolo cando falou da súa familia. Aquelas accións desmedidas descubriron as súas intencións. O seu cómplice descubriuno no xuízo. 

  2. Conseguir ver algo ao lonxe con dificultade.

    Ex: Ó chegar ao cume do monte descubriu a cidade. 

    Sinónimos: dexergar, enxergar.
  3. Sacar unha persoa unha peza de roupa que cobre o seu corpo.

    Ex: Se ves que vai moita calor descóbrete máis. 

  4. Quitar alguén da cabeza o chapeu ou outra peza similar en sinal de respecto ou para saudar.

    Ex: O paxe descubriuse perante o xuíz. 

  5. Mostrarse ou darse a coñecer algo que estaba oculto ou que pasara inadvertido.

    Ex: Xa en idade avanzada descubriuse como un poeta excelente. 

  6. [DEP]

    Deixar un participante nun combate sen protección unha parte do seu corpo.

    Ex: Descubriuse e o seu contrincante meteulle un gancho que o deixou KO.

Frases feitas

  • Descubrir a orella. Deixar ao descuberto os defectos propios.

  • Descubrir o peito. Dicir ou contar todo o que se sabe.

  • Hai que descubrirse. Expresión que se emprega para expresar a admiración que se sente por algo ou alguén. Ex: Realmente, hai que descubrirse ante a súa oratoria.

Palabras veciñas

descubridor -ra | descubrimento | descubrir | descubrir | desculpa | desculpable | desculpar
Conxugar
VERBO descubrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubro
descobres
descobre
descubrimos
descubrides
descobren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubría
descubrías
descubría
descubriamos
descubriades
descubrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrín
descubriches
descubriu
descubrimos
descubristes
descubriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrira
descubriras
descubrira
descubriramos
descubrirades
descubriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrirei
descubrirás
descubrirá
descubriremos
descubriredes
descubrirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubriría
descubrirías
descubriría
descubririamos
descubririades
descubrirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubra
descubras
descubra
descubramos
descubrades
descubran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrise
descubrises
descubrise
descubrisemos
descubrisedes
descubrisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
descubre
-
-
descubride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
descubrir
descubrires
descubrir
descubrirmos
descubrirdes
descubriren
Xerundio descubrindo
Participio descuberto
descuberta
descubertos
descubertas