escusa

escusa

(< escusar)

  1. s f

    Razón ou motivo que se alega para xustificar unha acción, omisión ou falta.

    Ex: Inventou unha escusa para non ir ó xantar. Calquera escusa é boa para ir de viaxe. Por moito que dixera non tiña escusa. 

    Sinónimos: desculpa.
  2. s f

    Explicación con que se intenta pedir perdón ou manifestar pesar por algunha ofensa ou molestia.

    Ex: Pregoume que aceptase as súas escusas. 

    Sinónimos: desculpa.
  3. [DER]
    1. s f

      Excepción ou descargo.

    2. s f

      Motivo alegado para non exercer un cargo ou tutela.

    3. escusa absolutoria

      Causa legal que exime da responsabilidade criminal.