escusado -da

escusado -da

(< escusar)

  1. p reg

    de escusar ou escusarse.

  2. adx

    Que é inutil para o fin que se desexa.

    Ex: É escusado dicirlle nada, non vai cambiar de idea.

  3. s m [HIST]

    Tributario que se escusaba de pagar ao señor ou ao rei, senón que pagaba directamente á persoa ou comunidade á que se lle concedera o privilexio.

  4. s m [HIST]

    Labrego escollido polo rei para que lle cobrase e pagase os décimos.

  5. s m [HIST]

    Dereito que tiña a Facenda Real para escoller, entre as casas dunha parroquia, a casa que pagaría o décimo ao rei en vez da Igrexa.

  6. s m [HIST]

    Cantidade que as casas do décimo rendían.

  7. s m [HIST]

    Tribunal en que se resolvían os preitos relacionados coas casas do décimo.

  8. s m [HIST]

    Imposto concedido polo papa á monarquía hispánica o 15 de xullo de 1567, en substitución da cruzada. Consistía na percepción dos décimos e dos dereitos da terceira casa de cada parroquia. Filipe II mellorouno ao conseguir que a casa que tributase non fose a terceira senón a primeira casa da parroquia. A concesión inicial fíxose por cinco anos, coa condición de que o diñeiro recadado se empregase nas guerras contra os turcos e os ingleses. Renovouse de forma sistemática e, tralo Concordato de 1753, a concesión fíxose perpetua. Aboliuse no Concordato de 1851.

Palabras veciñas

escusa | Escusa, alto da | escusable | escusado -da | escusar | escusón | escutelo