destapar
(< des- + tapar)
-
v t
Quitar a tampa ou o tapón a algo.
Ex: Cando chego á cociña, destapo a tarteira para ver qué hai de comida. Se queres beber, primeiro destapa a botella.
Antónimos: tapar. Confrontacións: abrir, abrir. -
v t
Facer que algo ou alguén que estaba tapado ou cuberto deixe de estalo.
Ex: Se me destapas vou morrer de frío. Destapou a radio para acendela.
Sinónimos: descubrir, descubrir. Antónimos: tapar. -
v t
Dar a coñecer ou poñer de manifesto algo que estaba oculto ou que pasara inadvertido.
Ex: Ese xornalista destapou o caso dos fondos reservados. Despois de anos e anos aguantando destapou o seu carácter contestatario.
Sinónimos: descubrir, descubrir. Antónimos: tapar. -
v pron
Caer a tampa ou o tapón de algo.
Ex: Coa presión destapouse a botella de gasosa.
Antónimos: tapar. -
v pron
Deixar algo de estar tapado ou cuberto.
Ex: Coa calor sempre me destapo. Mentres durmía destapouse e colleu un arrefriado.
Antónimos: tapar. -
v pron
Manifestarse ou dar a coñecer calidades ou características que estaban ocultas ou pasaran inadvertidas.
Ex: Enriba do escenario destapouse como un carismático actor. Destapouse recoñecendo a súa homosexualidade.
Antónimos: tapar.
Palabras veciñas
destacamento | destacar | destalinización | destapar | deste -ta | destecer | desteitarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapo
destapas
destapa
destapamos
destapades
destapan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapaba
destapabas
destapaba
destapabamos
destapabades
destapaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapei
destapaches
destapou
destapamos
destapastes
destaparon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapara
destaparas
destapara
destaparamos
destaparades
destaparan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destaparei
destaparás
destapará
destaparemos
destaparedes
destaparán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destaparía
destaparías
destaparía
destapariamos
destapariades
destaparían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destape
destapes
destape
destapemos
destapedes
destapen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapase
destapases
destapase
destapasemos
destapasedes
destapasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapar
destapares
destapar
destaparmos
destapardes
destaparen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
destapa
-
-
destapade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles destapar
destapares
destapar
destaparmos
destapardes
destaparen
destapada
destapados
destapadas