desfonoloxización
desfonoloxización
(
s
f
[LING]
Proceso diacrónico de transformación fonolóxica polo que se perden oposicións fonolóxicas ou distintivas entre dous ou máis fonemas. A desfonoloxización pode converter os dous termos da antiga oposición fonolóxica en variantes combinatorias ou orixinar unha identidade. Así, por exemplo, en galego reducíronse os trazos distintivos entre /b/ e /v/ e fusionáronse en /b/ (lat BĬBĔRE > beber, VĬDĒRE > ver, ambos os dous con [b]).