desfondar

desfondar

(< des- + fondar)

  1. v t
    1. Quitar ou romper o fondo a algún obxecto susceptible de conter algo.

      Ex: Agora que desfondei a ola non sei onde imos cociñar.

    2. Sacar as táboas das cabezas dunha cuba, dunha pipa ou doutro recipiente similar.

      Ex: Desfondaron os bocois para lavalos.

    3. Quitar ou romper o fondo dunha embarcación.

      Ex: O golpe contra as rochas desfondou a dorna.

  2. v t

    Facer perder completamente as forzas, as enerxías ou o ánimo a alguén.

    Ex: Aquela escaleira tan longa desfondounos antes de chegar arriba.

    Confrontacións: esgotar, extenuar, fatigar.
  3. v t

    Remover a terra ata unha profundidade de 40 cm ou máis, arrincando de pasada raíces e pedras, co fin de preparar un terreo virxe para cultivar.

    Ex: Desfondaron un anaco de monte para plantar castiñeiros.

  4. v pron
    1. Romperse o fondo dalgún obxecto.

      Ex: A maleta desfondouse e caeulle toda a roupa no medio da rúa.

    2. Romperse as cabezas dunha cuba, dunha pipa ou doutro recipiente similar.

      Ex: Desfondouse o pipote de dúas olas.

    3. Romperse o fondo dunha embarcación.

      Ex: Desfondouse a barca e xa non poden ir pescar.

  5. v pron

    Perder completamente as forzas despois de realizar un esforzo físico ou mental.

    Ex: Desfondouse de tanto carrexar mobles.

Conxugar
VERBO desfondar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondo
desfondas
desfonda
desfondamos
desfondades
desfondan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondaba
desfondabas
desfondaba
desfondabamos
desfondabades
desfondaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondei
desfondaches
desfondou
desfondamos
desfondastes
desfondaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondara
desfondaras
desfondara
desfondaramos
desfondarades
desfondaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondarei
desfondarás
desfondará
desfondaremos
desfondaredes
desfondarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondaría
desfondarías
desfondaría
desfondariamos
desfondariades
desfondarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfonde
desfondes
desfonde
desfondemos
desfondedes
desfonden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondase
desfondases
desfondase
desfondasemos
desfondasedes
desfondasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondar
desfondares
desfondar
desfondarmos
desfondardes
desfondaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
desfonda
-
-
desfondade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfondar
desfondares
desfondar
desfondarmos
desfondardes
desfondaren
Xerundio desfondando
Participio desfondado
desfondada
desfondados
desfondadas