deshidratase
deshidratase
(
s
f
[BIOQ]
Enzima do grupo das hidrolases, que catalizan a liberación dunha molécula de auga. A carbonato-deshidratase ou anhidrase carbónica cataliza reversiblemente a hidratación e deshidratación do dióxido de carbono e intervén no regulamento do pH do sangue e en procesos de cambio gasoso a nivel pulmonar. Existen tamén as deshidratases que catalizan a deshidratación de aminoácidos, acompañada da liberación de amoníaco.