Desilusión

Desilusión

Publicación de tendencia fascista aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por J. L. Álvarez, subtitulábase “Nuevas élites”. Figuraba como redactor xefe C. Martínez e como administrador P. Castro. Como voceira de NN EE, incluíu artigos, poemas, fotografías, cómics e debuxos relativos ao militarismo e ás ideoloxías totalitarias.