desintegrador -ra
desintegrador -ra
(< desintegrar)
-
adx
Que desintegra.
-
adx e s
[ECOL]
Organismo que utiliza como fonte de alimento a materia orgánica, animal ou vexetal, que descompón e mineraliza mediante a produción de enzimas extracelulares. A maior parte dos desintegradores son bacterias e diversos tipos de fungos que constitúen un grao esencial en calquera cadea de alimentación. Nútrense dos restos doutros membros do ecosistema, fan soluble a materia orgánica e fana apta para a acción dos transformadores.
Sinónimos: descompoñedor. -
s
m
[TECNOL]
Aparato que se emprega para pulverizar e moer substancias. Segundo a medida do material de alimentación e do produto que se obtén, pódense clasificar en machucadores, trituradores e muíños.