Des Moines
Des Moines
Capital do estado de Iowa, EE UU, drenado polo río homónimo, no centro do Corn Belt (193.422 h [1996]). É un núcleo industrial especializado na produción aeronáutica, maquinaria e química. A maior parte das actividades económicas concéntranse na marxe dereita do río Des Moines, que divide a cidade en dous.