Desmoulins, Camille

Desmoulins, Camille

Político e avogado francés. Antes da Revolución Francesa escribiu La Philosophie du peuple (A filosofía do pobo, 1788) e France Libre (Francia Libre, 1789), e posteriormente converteuse nun dos máis importantes escritores políticos democráticos. Moi influído por Robespierre, defendeu nun principio as súas posicións pero despois fundou o Club des Cordeliers onde se aproximou a Danton. Logo de participar moi activamente na revolución do 10 de agosto de 1792, Danton nomeouno secretario xeral do ministerio de Xustiza pero opúxose á súa política de guerra expansionista. Foi deputado de París na Convención, loitou contra os xirondinos e, desde o verán do 1793, contra os hebertistas. Converteuse en inimigo de Robespierre cando, xunto con Danton, condenou o réxime do Terror e avogou por un comité de clemencia, polo que foi detido, procesado e guillotinado. Exerceu unha importante influencia na opinión republicana a través dos seus discursos e as súas campañas de prensa, en publicacións como Les révolutions de la France et de Brabant e Le vieux Cordelier.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Guise

  • Deceso

    Lugar : París