Desnivel

Desnivel

Publicación que apareceu nos anos oitenta do s XX na Coruña, subtitulada “Revista de las Artes”. Contou coa colaboración de Felipe Criado, Julio Argüelles, José Ramón e Fernando Mon. Trátase dunha revista editada polo grupo artístico homónimo, no que participaron pintores, esmaltistas, fotógrafos e xornalistas.