desnuclearización

desnuclearización

(

s f [POLÍT]

Proceso político e estratéxico internacional que tende á creación de zonas onde se prohiba a fabricación e almacenamento de armas nucleares. Os precedentes desta proposta son o Tratado do Antártico (1959) e o Tratado de Tlatelolco (1967). Os países escandinavos chegaron a diversos acordos que limitaban a produción e a permanencia no seu territorio de enxeños nucleares, nun proceso de desnuclearización da zona nórdica. Noutros lugares de Europa iniciáronse tentativas semellantes na procura dun proxecto global promovido polo movemento European Nuclear Disarmament co obxectivo de liberar o territorio europeo de armas nucleares, de bases aéreas e submariñas, de centros de investigación e de produción nucleares, e converter Europa nunha “zona franca nuclear”. A eclosión de movementos pacifistas e ecoloxistas nas últimas décadas está directamente ligada a esta preocupación.

Palabras veciñas

desnortar | Desnos, Robert | Desnoyer, François | desnuclearización | desnutrición | desnutrido -da | desnutrir