desnortar

desnortar

(< norte)

  1. v t

    Facer perder a alguén o rumbo previsto.

    Ex: Desnortouno aquel sinal no medio do camiño.

    Sinónimos: descamiñar, descarreirar, desencamiñar, desorientar.
  2. v t

    Facer que alguén sufra unha alteración que non lle permita ter un comportamento axeitado.

    Ex: Tiña as ideas moi claras pero os consellos do pai desnortárono.

    Sinónimos: descamiñar, descarreirar, desencamiñar. Confrontacións: perturbar.
  3. v t

    Alterar a alguén para que non saiba qué facer ou dicir.

    Ex: As súas críticas desnortan a calquera.

    Sinónimos: confundir. Confrontacións: perturbar.
  4. v pron

    Perder alguén o rumbo previsto.

    Ex: Desnortouse no cume do monte.

  5. v pron

    Desviarse unha persoa do bo camiño ou do comportamento que debía seguir..

    Ex: Desnortouse ó cambiar de colexio e de amigos.

  6. v pron

    Alterarse alguén de tal xeito que non saiba o qué facer ou dicir.

    Ex: Desnortouse cando todos comezaron a preguntarlle a un tempo.

Conxugar
VERBO desnortar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnorto
desnortas
desnorta
desnortamos
desnortades
desnortan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortaba
desnortabas
desnortaba
desnortabamos
desnortabades
desnortaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortei
desnortaches
desnortou
desnortamos
desnortastes
desnortaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortara
desnortaras
desnortara
desnortaramos
desnortarades
desnortaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortarei
desnortarás
desnortará
desnortaremos
desnortaredes
desnortarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortaría
desnortarías
desnortaría
desnortariamos
desnortariades
desnortarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnorte
desnortes
desnorte
desnortemos
desnortedes
desnorten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortase
desnortases
desnortase
desnortasemos
desnortasedes
desnortasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortar
desnortares
desnortar
desnortarmos
desnortardes
desnortaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
desnorta
-
-
desnortade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desnortar
desnortares
desnortar
desnortarmos
desnortardes
desnortaren
Xerundio desnortando
Participio desnortado
desnortada
desnortados
desnortadas