confundir

confundir

(< lat confundĕre)

Nome científico: [dp: confundido, confuso]
  1. v t

    Tomar ou empregar unha cousa ou unha persoa en lugar doutra.

    Ex: Como é tan parecido confundino co irmán.

    Antónimos: diferenciar, distinguir.
  2. v t

    Facer que alguén tome unha persoa ou cousa por outra.

    Ex: Explicáchesme mal a ruta e confundinme de camiño.

  3. v t

    Reunir ou mesturar diversas cousas de xeito que non se entendan ou distingan.

    Ex: A avogada é tan caótica que confunde todos os documentos.

  4. v t

    Turbar a unha persoa de xeito que non poida reaccionar.

    Ex: Confundírono con tantas loanzas.

    Sinónimos: desconcertar, desnortar, desorientar.
  5. v pron

    Ser unha cousa ou unha persoa imposible de distinguir ao estar mesturada con outras coas que garda relación.

    Ex: De tanto estudar confundíanseme todos os datos na cabeza.

  6. v pron

    Tomar, dicir ou levar a cabo unha cousa distinta á prevista ou á adecuada.

    Ex: Confundinme de ruta e cheguei tarde á voda.

  7. v pron

    Sentirse unha persoa turbada sen saber qué facer ou qué dicir.

    Ex: Confundiuse cando o puxeron nervioso.

Palabras veciñas

Confucio | confundible | confundido -da | confundir | confurco | Confurcos, Os | confusión
Conxugar
VERBO confundir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundo
confundes
confunde
confundimos
confundides
confunden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundía
confundías
confundía
confundiamos
confundiades
confundían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundín
confundiches
confundiu
confundimos
confundistes
confundiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundira
confundiras
confundira
confundiramos
confundirades
confundiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundirei
confundirás
confundirá
confundiremos
confundiredes
confundirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundiría
confundirías
confundiría
confundiriamos
confundiriades
confundirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confunda
confundas
confunda
confundamos
confundades
confundan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundise
confundises
confundise
confundisemos
confundisedes
confundisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundir
confundires
confundir
confundirmos
confundirdes
confundiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
confunde
-
-
confundide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
confundir
confundires
confundir
confundirmos
confundirdes
confundiren
Xerundio confundindo
Participio confundido
confundida
confundidos
confundidas