confusión
(
-
s
f
Acción e efecto de confundir ou confundirse.
Ex: En ningún momento negou a súa confusión.
Sinónimos: engano, equivocación. -
s
f
Estado dunha acumulación de cousas mesturadas de maneira que non se poden distinguir unhas das outras, postas todas xuntas de calquera maneira.
Ex: Perdeuse entre a confusión de xente. Non consigo estruturar a confusión de ideas do texto.
Confrontacións: cotarro, galimatías. -
-
s
f
Falta de claridade, de orde, nas operacións do espírito.
-
confusión mental
[PAT]
Alteración global das funcións psíquicas, xeralmente temporal e debida a unha intoxicación, a unha enfermidade infecciosa ou a un choque traumático ou emocional. Caracterízase por unha insaturación rápida e un descenso máis ou menos marcado do nivel de consciencia, con desorientación espacio-temporal e trastornos da percepción. Evoluciona lentamente cara á normalidade se se suprime a causa e se realiza un tratamento axeitado.
-
s
f
-
s
f
Erro consistente en tomar unha persoa ou unha cousa por outra por non distinguir as diferencias.
Sinónimos: engano, equivocación. -
s
f
Desbaratamento ou desfeita que se produce nun determinado momento.
Ex: O país entrou nunha fase de confusión política.
-
s
f
Desconcerto do espírito ou turbación pola que se manifesta a vergonza e o pudor.
Ex: O seu cambio de actitude causoume unha gran confusión.
Sinónimos: desconcerto. -
s
f
[DER]
Reunión nunha mesma persoa das calidades de acredor e debedor. Ten como efecto xurídico a extinción da obriga.
Refráns
- De noite tódolos gatos son pardos.
- No río avolto cóllense os peixes.