cotarro

cotarro

(< 1 coto)

  1. s m

    Monte pedrallento de escasa elevación, próximo a outros montes pequenos.

    Ex: Van escavar varios cotarros da parroquia para quitarlle curvas á estrada.

    Confrontacións: cotarelo, outeiro.
  2. s m

    Situación na que se reúne un grupo de xente en estado de grande axitación e desorde facendo ruído.

    Ex: Non sei que puido pasar, pero desde a xanela vimos como se formaba o cotarro no medio da praza.

    Sinónimos: alboroto, liorta, rebumbio. Confrontacións: barullo, bulicio, bulla, confusión, balbordo.

Palabras veciñas

Cotarelo Valledor, Armando | Cotarín | Cotarós | cotarro | cotazo | cote | Côte-d’Or