alboroto

alboroto

(< alborotar)

  1. s m

    Confusión ou desorde producida por gargalladas, berros, rebumbio, etc.

    Ex: Con tanto alboroto dos veciños, Xosé Carlos vai ter que abandonar o apartamento.

    Sinónimos: algarada, barafunda, barullo, boureo, bulicio, bulla, cotarro, rebumbio.
  2. s m

    Perturbación da orde pública producida por un grupo de persoas que actúan provocando disturbios.

    Ex: O alboroto producido ó final do partido ocasionou dous feridos leves.

    Sinónimos: disturbio.

Palabras veciñas

alboroque | alborotador -ra | alborotar | alboroto | alborozar | alborozo | Albos