boureo

boureo

(< bourear)

  1. s m

    Ruído producido por voces, berros, risadas, discusións ou pelexas.

    Ex: O boureo dos coches non me deixa dormir polas noites.

    Sinónimos: alboroto, algarabía, algarada, algareo, algueirada, barafunda, barullo, bulicio, bulla, rebumbio, balbordo. Confrontacións: batifondo.
  2. s m

    Acción de andar a traballar dun sitio para outro, con moita ocupación e en diferentes faenas.

    Ex: O boureo cotián que hai na empresa non nos permite gozar de tempo libre.

  3. s m

    Acción de bater con forza e seguido nalgunha persoa ou cousa.

    Ex: Nos maios un dos bailaríns recibe un boureo ó remate da peza.

    Sinónimos: bouba, boura, malleira.

Frases feitas

  • Andar de boureo. Divertirse.

Palabras veciñas

bourear | bourel | Bourel | boureo | boureón -na | Bourg-en-Bresse | Bourgeau, Eugène