algarabía

algarabía

(< ár al-’arabyya ‘a linguaárabe’)

  1. s f [LING/HIST]

    Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

  2. s f

    Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    Ex: El pode entender a túa algarabía de palabras mesturadas.

  3. s f

    Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    Ex: Levaron a eses homes detidos pola algarabía que orixinaron na porta do bar.

    Sinónimos: alboroto, barafunda, barullo, boureo, bulicio, bulla, rebumbio, balbordo. Antónimos: silencio.

Palabras veciñas

Algalia | Algar | algara | algarabía | algarada | algaravea | Algardi, Alessandro