bourel
bourel
s
m
[MAR/PESCA]
Elemento flotante composto por moitas cortizas unidas de varios tamaños que, suxeito ao fondo da auga por medio dunha cadea ou doutro elemento, impide que as redes vaian ao fondo e queden suspendidas verticalmente na superficie do mar ou á profundidade desexada. Emprégase na pesca ao xeito, así como nos palangres e trasmallos. Está formado por unha especie de armazóns dobres feitas con pequenas cortizas unidas horizontal por outras maiores e, perpendicularmente, suxeitas por unha corda que as cruza na parte interior. O bourel átase á sineira por un extremo e, polo outro, á relinga superior da rede. Para que sexa visible por outros pescadores ou embarcacións, colócaselle na parte superior unha póla de loureiro.