Desobediencia
Desobediencia
Publicación bilingüe de tendencia anarquista aparecida en Ourense en outubro de 1990. Levaba por subtítulo “Editado por Komando Estrela Galiza. Fanzine Autónomo”. Incluía artigos de opinión, cómics, crítica musical e información relativa á insubmisión, aos presos e ao anticlericalismo.