desoxidante

desoxidante

(< desoxidar)

  1. adx

    Que desoxida.

    Antónimos: oxidante.
  2. s m [QUÍM]

    Produto que se emprega para efectuar unha desoxidación. Para o aceiro fundido emprégase o aluminio, o manganeso e o silicio; e para outros metais, o carbono, o magnesio, o calcio e o fósforo. Os desoxidantes superficiais son disolventes do óxido ou doutras substancias que se combinan co metal e forman o sal correspondente.

    Antónimos: oxidante.