despedimento

despedimento

(

  1. s m

    Acción de botar a alguén dun traballo.

    Ex: Comunicáronlle o despedimento cunha semana de antelación.

    Sinónimos: despido.
  2. s m [DER]

    Forma de extinción da relación laboral pola vontade unilateral do empresario, con ou sen causa xustificada. Entre as causas do despedimento diferéncianse: as que dependen da vontade do empresario, coma o despedimento disciplinario e o despedimento por causas obxectivas; as que son soamente da vontade do contratador, coma a forza maior ou o despedimento colectivo debido a causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción e as que dependen da vontade concertada das partes, coma o despedimento por expiración do tempo convido do contrato ou pola realización da obra ou do servizo obxecto do traballo. O despedimento disciplinario baséase nun incumprimento grave e culpable do traballador. Este despedimento é procedente cando se acredita o incumprimento do traballador e se realiza formalmente; se non se cumpre ningún destes requisitos é improcedente, e se se realiza discriminando gravemente o traballador é nulo. O despedimento por causas obxectivas debe fundamentarse na ineptitude do traballador, na súa falta de adaptación ás modificacións técnicas operadas no seu posto de traballo, na amortización de postos de traballo ou no absentismo laboral. O despedimento obxectivo é procedente se se cumpren as formalidades legais e se acredita a causa, é improcedente cando non se acredita a causa e é nulo se se fundamenta nalgún tipo de discriminación. En todos estes casos, a apreciación de procedencia, improcedencia ou nulidade alcanzará a percepción dunha diferente indemnización polo traballador e a súa situación respecto da obtención de prestacións por desemprego.

  3. xuízo de despedimento [DER]

    Procedemento xudicial interposto por un traballador contra o empresario, destinado a apreciar a procedencia, improcedencia ou nulidade do seu despedimento. A cualificación do despedimento afectaralles á percepción de indemnización do traballador, á súa posible readmisión, á súa situación de desempregado e ao aboamento das custas procesuais e dos salarios de tramitación.

Palabras veciñas

despectinización | despectivo -va | despedida | despedimento | despedir | despegado -da | despegar