despedir
(< lat expetĕre‘reclamar’, ‘reivindicar’, derivado de petĕre ‘pedir’)
-
v t
-
Acompañar ata un determinado punto a unha persoa que se vai.
Ex: Fun despedir os meus amigos ó aeroporto.
-
Separarse unha persoa doutra con palabras ou xestos, propios da despedida.
Ex: Despediron os seus amigos con bicos e abrazos.
-
Dicir unha persoa a outra que alguén que marcha lle envía saúdos.
Ex: Non tiven tempo de ver a túa irmá, por favor, despídenos dela.
-
-
v t
Botar a alguén dun traballo ou do cargo que ocupa.
Ex: Despedírono cando rematou o contrato.
-
v t
Celebrar o final de algo, especialmente do ano ou curso.
Ex: Os vigueses van despedir o ano cunha gran festa.
-
v t
Expulsar ou lanzar algo ou alguén con forza.
Ex: O camión que ía diante de nós despedía grava. O volcán estaba en erupción e despedía lava. O forte impacto despediuno fóra do coche.
-
v t
Desprender unha persoa ou cousa algo que sae dela.
Ex: A cociña de ferro despide moita calor. Ese rapaz despide un olor insoportable. Esta lámpada despide moita luz.
Sinónimos: desprender. -
v pron
-
Expresar con palabras ou accións propios do momento da separación dunha persoa doutra.
Ex: Despediuse de nós moi emocionado.
-
Dicir unha persoa a outra que marcha.
Ex: Dixo que se ía despedir de todos antes de coller o avión.
-
-
v pron
Irse alguén do seu traballo ou cargo.
Ex: Despediuse da fábrica porque atopou un traballo mellor.
-
v pron
Realizar alguén por derradeira vez a actividade que lle é propia.
Ex: Despediuse dos escenarios coa representación de A fiestra baldeira.
-
v pron
Desistir de facer ou acadar algo. OBS: Úsase seguido da preposición de.
Ex: Despediuse da viaxe a Italia no mes de agosto cando viu os prezos. Se perdiches o pasaporte no taxi, despídete del.
Refráns
- A ¡ldevos da miña casa! e ¿Que queredes coa miña muller? non hai que responder.
- Dígolle que se vaia e desate as bragas.
- Pola porta aberta vaise á eira.
Palabras veciñas
despectivo -va | despedida | despedimento | despedir | despegado -da | despegar | despeiteado -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despido
despides
despide
despedimos
despedides
despiden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedía
despedías
despedía
despediamos
despediades
despedían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedín
despediches
despediu
despedimos
despedistes
despediron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedira
despediras
despedira
despediramos
despedirades
despediran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedirei
despedirás
despedirá
despediremos
despediredes
despedirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despediría
despedirías
despediría
despediriamos
despediriades
despedirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despida
despidas
despida
despidamos
despidades
despidan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedise
despedises
despedise
despedisemos
despedisedes
despedisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedir
despedires
despedir
despedirmos
despedirdes
despediren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
despide
-
-
despedide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles despedir
despedires
despedir
despedirmos
despedirdes
despediren
despedida
despedidos
despedidas