Despertador, El

Despertador, El

Publicación aparecida o 10 de xaneiro de 1867 na Coruña e que cesou o 30 de decembro do mesmo ano. Dirixida por Darío García e Pantaleón Prieto, subtitulábase “Periódico de primera enseñanza de la provincia de La Coruña”. Saía tres veces ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante. Contaba coas seccións “Editoriales”, “Rectorado”, “Junta Provincial e Inspección”, “Variedades” e “Correspondencia”. Incluía artigos referidos á mellora da calidade do ensino e das escolas, principalmente no que atinxía aos mestres e aos primeiros anos do ciclo formativo.