Desprez, Josquin
Compositor francés. Formado baixo a tutela de J. Ockeghem, superou as formas tradicionais e cambiou a relación entre o texto e a música. Foi cantor da catedral de Milán, da capela pontificia en Roma e posteriormente entrou ao servizo da familia Sforza, primeiro co duque Galeazzo Maria e logo co cardeal Ascanio Sforza. En 1499 deixou Roma para entrar ao servizo do duque Hércules I de Ferrara ata 1505 e volveu a Francia en 1509. Incorporou influencias italianas á formación característica da escola flamenga e rompeu coa tradición musical medieval. Mestre da polifonía e mais do contrapunto, as súas composicións caracterízaronse polos grandes cambios polifónicos e pola repetición dun treito musical. Así mesmo, creou un novo tipo de motete que, aínda que baseado nun tema litúrxico ou popular, era unha forma musical moi libre. Prestixioso contrapuntista, logrou estender a súa música rapidamente por Europa. A súa produción comprende misas, motetes, himnos, salmos e cancións profanas.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Condé -
Nacemento
Lugar : Picardie -
Deceso
Lugar : L’Escaut, Flandres